luns, 22 de xaneiro de 2018

Conto: Unha espada especial

Durante esta semana conmemoraremoso Día Internacional   da Paz 

Faremos algunhas actividades:
  • Para reflexionar  e descubrir algunhas accións que nos farán pararnos a  pensar
  • Como podemos contribuír nós a esa ansiada paz
Esta vai ser unha delas! 


Ler, comentar, debater, opinar e ilustrar o conto: Unha espada especial

Había unha vez unha fermosa espada que nunca saíra do palacio onde vivía. Pertencía a un gran rei e, desde sempre estivera no palacio participaando nos seus  entrenamentos e demostracións.. sentíase moi, moi orgullosa. Ata que un día,  xurdiu unha enorme discusión  entre a súa maxestade e o rei do país veciño. Terminou cunha declaración de guerra entre os dous países.

En canto se enterou, a espada estaba súper emocionada co que ía ser a súa primeira participación nunha batalla de verdade! Demostraría a todos o valente e especial que era!!!!  E gañaría unha gran batalla.

Mentres ía camiño da fronte, estivo  imaxinándose vencedora de moitos combates. 
Pero, cando chegaron, xa se producira a primeira batalla e a espada puido ver o resultado da guerra.

Aquilo non se parecía en nada ao que ela tiña imaxinado! nada de cabaleiros limpos, elegantes e triunfadores coas súas armas relucentes; alí solo había armas rotas e fendidas , e moitísima xente sufrindo, fame e sede; todo estaba cheo de lixo, envolto no cheiro máis repugnante. Moitos estaban medio mortos e tirados polo chan, e todos sangraban polas súas feridas...

Entón, a espada, deuse conta de que non lle gustaban as  guerras nin as batallas. ela prefería estar en PAZ,  dedicándose a participar en torneos e concursos polo que a noite anterior á gran batalla ideou unha forma de impedila.

Finalmente, púxose en acción! Empezou a vibrar... ao principio emitía un pequeno zumbido, pero... pouco a pouco o son foi medrando hasta converterse nun  molesto son metálico...
As espadas e armaduras, do resto dos soldados, preguntáronlle a espada do rei que estaba facendo, e díxolles:
- Non quero que haxa batalla ningunha  mañá!  Non me gustan as guerras!

- A ninguén nos gusta , pero que podemos facer?

- Vibrar como fago eu. Se facemos suficiente ruído ninguén poderá durmir!!

Entón as armas, empezaron a vibrar, o ruído foi medrando hasta facerse enxordecedor. Fíxose tan grande, que chegou hasta o campamento dos inimigos, cuxas armas, fartas tamén da guerra uníronse a gran protesta.

Á mañá seguinte, cando debía comezar a batalla, ningún soldado estaba preparado. Ninguén conseguira durmir, nin un chisco, nin sequera os reis e xenerais, así que pasaron o día durmindo. A tardiña, ao espertaren, decidiron deixar a batalla para o día seguinte.
Pero ao día seguinte..., e ao seguinte... e ao seguinte... e así  durante sete días, as armas, lideradas pola espada do rei, pasaban a noite entoando o seu canto de paz. Os soldados que non podían descansar, aprazaban  cada día a batalla!

Ao atardecer de sétimo día, os reis dos dous bandos reuníronse para solucionar aquela situación. Ambos estaban moi enfadados pola discusión causante da guerra, e ao pouco de estaren xuntos comentaron o sucedido: o ruído das espadas, as noites en vela, a estrañeza dos soldados, o desconcerto do día e da noite e as divertidas situacións que se viviron. Tan divertidas eran as historietas que, ao pouco, ambos rían amigablemente.

E así, falando e rindo, esqueceron as súas antigas discusións e puxeron fin á guerra. Cada un voltou ao seu país coa ledicia de non ter que loitar e de teren recuperado un amigo. De cando en vez reuníanse para comentar as súas aventuras como reis, comprendendo que eran moitas máis as cousas que os unían que as que os afastaban.

E dende aquela sempre reinou a paz entre os seus reinos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario