Ditongo é a unión
de dúas vogais na mesma sílaba, pode estar formado por unha vogal forte ou
aberta (a,e,o) e unha pechada ou débil (i, u): feira, maula, moito ou por
dúas pechadas ou débiles (i, u): azuis,
viviu. En canto á acentuación, séguense
as regras xerais: escóitame,
atención.
Hiato está formado por dúas vogais que están xuntas pero forman sílabas diferentes. Estas vogais poden ser dúas abertas: bacallau ou unha aberta e outra pechada que sexa tónica: Raúl. En canto á acentuación, se son dúas vogais abertas, seguen as regras xerais: Xoán; no caso de vogal aberta e pechada tónica, a vogal pechada levará sempre acento, aínda que por las normas xerais non deberan levalo: María
Despois de ler detidamente e aprender estes conceptos realiza no teu procesador de textos estas actividades:

1.- Explica con palabras túas os conceptos de ditongo e
hiato.
2.-Como se acentúan os ditongos e os hiatos?
3.-. Separa as sílabas destas palabras e despois clasifícaas en ditongos e hiatos:
lúa: raíz: baúl: ourizo: cadea: gaivota: xersei: froita:
DITONGOS:
HIATOS:
4.- Pon acento ás palabras que deban levalo e di se son agudas (A), graves (G) ou esdrúxulas (E):
náufrago (E), despois (),trailer (), farmaceutico (), aeronautica (), terapeuta (), beisbol (), inicial (), axouxere (), vasoira (), feira (), vacaloura (), saude (), sobresainte ().
5.- Completa o seguinte texto poñendo i ou u , con ou sen acento gráfico:
hab_a un home fachendoso que tiña mo_tos fumes. Sa_anlle polo nariz, pola boca..., en certa ocas_ón atopo_se cunha muller mo_ fermosa e quixo impres_onala. Fumaredas mestas manaban polos poros da s_a pel. Ela asusto_se e sa_u correndo. O home parec_a unha forgue_ra en plena r_a. Acudiron os bombe_ros e ba_xáronlle os fumes. O home quedo_ fr_o e fe_to un pingallo.
6.- Explica por que levan acento gráfico estes pares de palabras:
Rachou a saia cando saía do coche. Marchou cos pais a outro país.

Ningún comentario:
Publicar un comentario