sábado, 20 de xaneiro de 2018

Verso, rima...

O verso é a unidade menor dun poema que se representa graficamente nunha soa liña sen ocupar todo o renglón. O ritmo do verso conséguese mediante unha axeitada distribución das sílabas tónicas, as pausas métricas, o número de sílabas e a rima.

O cómputo silábico
Medir un verso consiste en contar o número de sílabas métricas que o integran, tendo en conta que estas non coinciden coas sílabas gramaticais. Por iso se deben coñecer estas normas básicas relacionadas co acento da última palabra de cada verso:

  • Se o verso remata en palabra aguda ou monosílaba: cóntase unha sílaba máis. Observa esta estrofa de Helena Villar Janeiro:
¿Como será o seu cantar?

¿Onde buscará o
 xantar?
7+1=8

7+1=8

  • Se o verso remata en palabra esdrúxula: réstase unha sílaba:
"E nas purpúreas clámides"  (9-1)=8  (Eduardo Pondal)

  • Se o verso remata en palabra grave o número de sílabas métricas e gramaticais será o mesmo, polo que non se debe restas nin engadir nada.

Ademais, hai outros fenómenos métricos ou licenzas que condicionan a medida dos versos:

  • SINALEFA: unión nunha soa sílaba métrica da vogal final dunha palabra coa vogal inicial da palabra seguinte. Esta licenza métrica aparece con moita frecuencia.
  • SINÉRESE: unión nunha única sílaba métrica de dúas vogais que forma hiato nunha palabra.
  • DIÉRESE: división dun ditongo en dúas sílabas métricas.
  • HIATO: ruptura dunha sinalefa, ben porque unha das vogais está acentuada, ben por unha cesura*.

CLASIFICACIÓN DOS VERSOS SEGUNDO O SEU NÚMERO DE SÍLABAS

Son versos de arte menor aqueles que miden entre dúas e oito sílabas métricas, mentres que aqueles que miden nove ou máis son versos de arte maior




A RIMA

A rima consiste na coincidencia total ou parcial de sons entre dous ou máis versos a partir da última vogal acentuada. Existen dous tipos de rima:

RIMA CONSONANTE: repítense todos os sons (vocálicos e consonánticos) a partir da última vogal acentuada.
 "Xenio leyal d'a independenza nosa,

Por ela batallou; man homic
ida

Con infame treicion quitoulle a v
ida:

¡Martir foi n'ista terra xenerosa!"     Valentín Lamas Carvajal


·       RIMA ASONANTE: repítense só os fonemas vocálicos, sen ter en conta as consonantes. Tampouco contan as vogais débiles nos ditongos nin a penúltima vogal das palabras esdrúxulas.

Para sinalar a rima entre dúas ou máis versos utilízase unha letra (seguindo a orde do abecedario) que se escribirá en maiúscula se os versos son de arte maior e en minúscula se son versos de arte menor. Cando os versos non riman indícase mediante un guion (-). 

O ESQUEMA MÉTRICO

Tras realizar o cómputo silábico e sinalar a rima dunha estrofa ou poema obteremos o esquema métrico da devandita composición. Observa o exemplo:

"Lúas de vrau e neve van cobrindo  

os curutos espidos dos outeiros.

Fouciños de luares montañeiros,

arcanxos malvazul lle van xunguindo."
 

11A

11B

11B

11A
   (Pura Vázquez)


A ESTROFA

Os versos combínanse entre si para formar estrofas e poemas. Unha estrofa é un conxunto de dous ou máis versos cunha estrutura rítmica fixa determinada polo número de sílabas dos versos e pola súa rima. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario