Durante esta semana conmemoraremoso Día Internacional da Paz
Faremos algunhas actividades:
- Para reflexionar e descubrir algunhas
accións que nos farán pararnos a pensar
- Como podemos contribuír nós a esa ansiada paz
Esta vai ser unha
delas!
Ler, comentar, debater,
opinar e ilustrar o conto: Unha espada especial
Había unha vez unha fermosa espada que nunca
saíra do palacio onde vivía. Pertencía a un gran rei e, desde sempre estivera
no palacio participaando nos seus entrenamentos
e demostracións.. sentíase moi, moi orgullosa. Ata que un día, xurdiu unha enorme discusión entre a súa maxestade e o rei do país veciño.
Terminou cunha declaración de guerra entre os dous países.
En canto se enterou,
a espada estaba súper emocionada co que ía ser a súa primeira participación
nunha batalla de verdade! Demostraría a todos o valente e especial que
era!!!! E gañaría unha gran batalla.
Mentres ía camiño da
fronte, estivo imaxinándose vencedora de
moitos combates.
Pero, cando
chegaron, xa se producira a primeira batalla e a espada puido ver o resultado
da guerra.
Aquilo non se
parecía en nada ao que ela tiña imaxinado! nada de cabaleiros limpos, elegantes e
triunfadores coas súas armas relucentes; alí solo había armas rotas e fendidas
, e moitísima xente sufrindo, fame e sede; todo estaba cheo de lixo, envolto no
cheiro máis repugnante. Moitos estaban medio mortos e tirados polo chan, e
todos sangraban polas súas feridas...
Entón, a espada,
deuse conta de que non lle gustaban as
guerras nin as batallas. ela prefería estar en PAZ, dedicándose a participar en torneos e
concursos polo que a noite anterior á gran batalla ideou unha forma de
impedila.
Finalmente, púxose
en acción! Empezou a vibrar... ao principio emitía un pequeno zumbido, pero... pouco
a pouco o son foi medrando hasta converterse nun molesto son metálico...
As espadas e
armaduras, do resto dos soldados, preguntáronlle a espada do rei que estaba
facendo, e díxolles:
- Non quero que haxa
batalla ningunha mañá! Non me gustan as guerras!
- A ninguén nos
gusta , pero que podemos facer?
Entón as armas,
empezaron a vibrar, o ruído foi medrando hasta facerse enxordecedor. Fíxose tan
grande, que chegou hasta o campamento dos inimigos, cuxas armas, fartas tamén da
guerra uníronse a gran protesta.
Á mañá seguinte,
cando debía comezar a batalla, ningún soldado estaba preparado. Ninguén
conseguira durmir, nin un chisco, nin sequera os reis e xenerais, así que pasaron
o día durmindo. A tardiña, ao espertaren, decidiron deixar a batalla para o día
seguinte.
Pero ao día
seguinte..., e ao seguinte... e ao seguinte... e así durante sete días, as armas, lideradas pola
espada do rei, pasaban a noite entoando o seu canto de paz. Os soldados que non
podían descansar, aprazaban cada día a
batalla!
Ao atardecer de
sétimo día, os reis dos dous bandos reuníronse para solucionar aquela
situación. Ambos estaban moi enfadados pola discusión causante da guerra, e ao pouco de estaren xuntos comentaron o sucedido: o ruído das espadas, as noites
en vela, a estrañeza dos soldados, o desconcerto do día e da noite e as
divertidas situacións que se viviron. Tan divertidas eran as historietas que,
ao pouco, ambos rían amigablemente.
E así, falando e
rindo, esqueceron as súas antigas discusións e puxeron fin á guerra. Cada un
voltou ao seu país coa ledicia de non ter que loitar e de teren recuperado un
amigo. De cando en vez reuníanse para comentar as súas aventuras como reis,
comprendendo que eran moitas máis as cousas que os unían que as que os
afastaban.
Ningún comentario:
Publicar un comentario